O servizo de aluguer de bicicletas (Combici) suspéndese temporalmente. A decisión obedece á significativa baixada de usuarios, que este servizo sofre no devandito período.
Dende que en 2008 se puxera en marcha o servizo de aluguer de bicicletas, observouse que na tempada de outono, inverno e principios da primavera, o número de usos baixaba de xeito significativo debido ás inclemencias meteorolóxicas e á diminución da seguridade debido ás poucas horas de luz.