Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Blu:sens Monbus o domingo 30 de outubro ás 12.30 horas no multiusos Fontes do Sar.
Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral do Parlamento de Galicia) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 11.30 h.
Ao remate do partido, manterase o servizo lanzadeira con destino a Ramón Piñeiro e tamén a liña C11.