APARCADOIRO DE XOÁN XXIII
O número total de vehículos de rotación no primeiro cuatrimestre deste ano foi de 36.737 fronte aos 34.000 do mesmo período do ano 2009, o que supuxo un incremento de 2.737 coches. O motivo de comparar os datos cos de 2009 é eliminar o efecto Xacobeo.
Entendemos que o incremento nos vehículos de rotación implican non só o xa definitivo asentamento deste aparcadoiro na rede da cidade, senón que froito da política tarifaria e das medidas como a posta en marcha da tarxeta aparcafácil incrementan a utilización e o coñecemento da superficie.
No caso de Xoán XXIII, é a nosa intención seguir mellorando coa posta en marcha de novos produtos; deste xeito poñeranse en marcha a partir da vindeira semana, os seguintes:
Lembramos a todos os usuarios do aparcadoiro, que poden utilizar de xeito gratuito unha bicicleta do sistema público para realizar os desprazamentos curtos pola cidade.
APARCADOIRO DE BELVÍS
O número total de vehículos de rotación no primeiro cuatrimestre deste ano foi de 21.144 fronte aos 16.357 do mesmo período do ano 2009, o que supuxo un incremento de 4.787 coches.