RESULTADOS DO TRANSPORTE URBANO NO PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO 2011

Novas de Tussa
A comparativa do número de usuarios do transporte urbano do primeiro trimestre deste ano fronte ao mesmo período de 2010 arroxa un saldo positivo.

Na comparativa e análise do primeiro trimestre no tocante ao número de usuarios, dicir que o balance é positivo. O pasado ano, neste período, transportáronse un total de 1.862.548 usuarios, mentres que no mesmo período deste ano foron un total de 1.876.890, é dicir, 14.342 usuarios máis que o pasado ano, o que supón un incremento do 0,77 %. Máis ala da porcentaxe, consideramos positivo o cambio de tendencia no tocante aos resultados da rede de transporte urbano.

No tocante á utilización dos distintos títulos de viaxe, consolídase de xeito importante a utilización do bono ordinario, sendo o seu peso na rede dun 29,09 %, sendo o título máis utilizado de todo o sistema tarifario.

No sistema de transporte individualizado en bicicleta, dicir que a nosa cidade conta con 625 usuarios fixos do servizo, e que neste primeiro trimestre aumentaron en 34 as altas no servizo. Así mesmo, en 2010 os desprazamentos no primeiro trimestre foron de 812, o que supuxo unha media diaria de 9 desprazamentos; no mesmo período deste ano, os desprazamentos foron 1.112, cunha media de desprazamentos diarios de 12.

Debemos partir de que neste momento contamos cunha moi boa cobertura na nosa rede de transporte, e que por tanto debemos traballar en tres liñas estratéxicas para seguir mellorando o servizo, que se debe trasladar non só en acadar a fidelización dos nosos usuarios, feito que consideramos acadado coa importante porcentaxe de utilización  do bono ordinario,  senón á captación de novos usuarios.

As liñas estratéxicas van encamiñadas na procura da mellora da accesibilidade, da seguridade e da información.

En relación á accesibilidade recordar que toda a flota conta con sistema de axeonllamento e que o vindeiro mes incorporaranse tres novos autobuses das mesmas características que as últimas incorporacións.

 

No tocante á información estase a traballar en dúas liñas: por un lado coa mellora da información a tempo real, coa próxima incorporación de 10 novas unidades de postes informativos (actualmente en proceso de licitación por parte de TUSSA) e coa actualización da páxina web de TUSSA cunha nova aplicación que permita aos usuarios calcular o tempo real de chegada do bus ou como ir dunha zona a outra (actualmente en fase de elaboración); e por outro lado mellorando a información estática nas propias marquesiñas do transporte urbano.

Desde a concellería de Transportes e Mobilidade e TUSSA, aproveitamos esta ocasión para amosar todo o noso apoio ao clube de baloncesto Obradoiro, e por iso informamos a todos os aficionados que para asistir aos dous próximos partidos haberá servizo de transporte urbano. Tanto o venres coma o domingo haberá un servizo especial que sairá da rúa Ramón Piñeiro desde unha hora antes do partido ata o Multiusos Fontes do Sar, manténdose o servizo de regreso ao remate dos encontros.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220