Tussa obtivo en 2010 un resultado positivo de máis de 109.000 €

Novas de Tussa
O Consello de Administración de TUSSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as contas anuais do exercicio 2010 así como a proposta de distribución do resultado.

Das contas extráense os seguintes datos: un volume de ingresos de 1.685.763,41 euros; un volume de gastos de 1.576.452,58 euros e un resultado despois de impostos de 109.310,83 euros. En canto ao balance, en termos globais de activo e patrimonio neto e pasivo, obtívose unha cifra de 1.044.661,54 euros.

Respecto ás instalacións, cómpre destacar o aparcadoiro de Belvís, a dársena de autocares e o aparcadoiro de Xoán XXIII, cun comportamento excepcional debido, en gran parte, á incidencia do Ano Xacobeo.

En 2010, a empresa acometeu a posta en marcha de tres novos servizos: os aparcadoiros de borde de Santa Marta e Salgueiriños e a xestión do sistema de transporte individualizado de bicicletas, así como a mellora da maioría das súas instalacións.

Este resultado positivo permite afrontar as actividades da sociedade en 2011 sen ningún tipo de mingua na súa calidade.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220