Desvíos na liña 1 do transporte urbano (entre o 24 e o 26 de novembro de 2010)

Novas de Tussa
Os días 24, 25 e 26 de novembro de 2010 (mércores, xoves e venres) procederase ao pavimentado do treito comprendido polas rúas Volta do Castro, Choupana, Santa Marta de Arriba e Rosalía de Castro. Os traballos realizaranse pola noite, sen embargo, o inicio e finalización dos mesmos afectarán a algún dos servizos da liña 1 (o resto de liñas que circulan pola zona farano con normalidade).

·         Saídas do hospital Clínico: 6.30 h, 22.46 h e 23.02 h.

·         Saídas do polígono do Tambre: 22.30 h e 22.50 h.

 

Soamente o xoves día 25/11, realizarán tamén o desvío a saída do hospital Clínico das 22.30 h e a saída do polígono do Tambre das 22.06 h.

Estes cinco servizos da liña 1 realizarán o seguinte desvío:

·         Dirección hospital Clínico: itinerario habitual por rúa Rosalía de Castro – Avda. do Mestre Mateo – rotonda do Gran Hotel – Avda. de Barcelona – e acceso directo desde esta última ata o hospital Clínico.

·         Dirección Polígono do Tambre: saída do hospital Clínico – Avda. de Barcelona – rotonda do Gran Hotel – Avda. do Mestre Mateo – e itinerario habitual pola rúa Rosalía de Castro.

 

No desvío, realizaranse paradas alternativas nos dous sentidos de circulación en: Avda. do Mestre Mateo e na confluencia entre a Avda. de Barcelona e a rúa Antonio Rama Seoane.

 

Pregamos disculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220