Nos vindeiros días procederase á instalación dun novo SAE que sustituirá ao actual, mellorando a capacidade do mesmo, e procederase tamén á instalación de 12 novos postes electrónicos informativos de horarios de espera dos autobuses, 8 dos cales sustituirán aos xa existentes e 4 situaranse en novas paradas de maior demanda do servizo. Mentres se realiza esta sustitución, as paradas nas que se localizan quedarán sen información de paso do próximo autobús.
Por este motivo, mentres duren os traballos de instalación retiraranse os postes electrónicos actuais e o actual sistema SAE estará fóra de servizo, polo que durante algúns días, as paradas nas que se localizan quedarán sen información de paso do próximo autobús.
Lembramos que teñen á súa disposición o número de teléfono de información do transporte urbano, 901 120 054.
Pregamos disculpen as molestias que lles poida ocasionar.