O CONCELLO DE SANTIAGO E TUSSA PARTICIPAN NA "SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE"

Novas de Tussa
O mércores 22 desenvolveranse as actividades relacionadas coa Semana Europea da Mobilidade, cuxo lema deste ano é "Mobilidade, saúde e seguridade: móvete con intelixencia e vive mellor". ¡ACÉRCATE E PARTICIPA!

O mércores 22 celebraremos o día sen coche ofrecendo O SERVIZO DE TRANSPORTE URBANO DE XEITO TOTALMENTE GRATUÍTO en todas as liñas (durante toda a xornada), na procura de que as persoas que aínda non coñecen o transporte urbano se animen a subir ao autobús e fagan deste vehículo o seu medio de transporte habitual. Na medida na que consigamos que os cidadáns cambien de hábitos estaremos contribuíndo a potenciar unha mellor calidade de vida para todos.

Este mesmo día, entre as 16.30 e as 20.30 horas, as actividades centraranse na PRAZA ROXA, co seguinte programa:

Nesta Mesa ofreceremos información sobre o transporte urbano e tamén sobre os aparcadoiros de borde da cidade, Santa Marta e Salgueiriños.

Entre as persoas que participen na actividade SORTEARASE UNHA BICICLETA E 10 BONOS MENSUAIS DO TRANSPORTE URBANO.

CONSULTA O DÍPTICO CON TODA A INFORMACIÓN

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220