Co motivo do Festival da MTV do vindeiro domingo, 5 de setembro no auditorio do Monte do Gozo desde a concellería de Mobilidade e Transportes xunto co departamento de Tráfico e Seguridade Cidadá planificouse o servizo da seguinte maneira:
Os servizos extraordinarios comezarán a operar tendo como punto de partida a rúa Ramón Piñeiro:
- Dende as 14.00 horas, con dirección ao Monte do Gozo. Á volta os autobuses saíran da rúa Senande para chegar de novo á rúa Ramón Piñeiro.
O servizo de ida será ininterrompido ata completar o aforo do Monte do Gozo.
Para este servizo aplicaranse as tarifas vixentes:
A empresa municipal TUSSA pon a disposición de todos os usuarios o número de teléfono 901 120 054 e a súa páxina web www.tussa.org