Servizos especiais para asistir aos concertos do vindeiro venres 27 de agosto

Novas de Tussa
Consulten os servizos especiais para asistir aos concertos no Monte do Gozo e no Multiusos Fontes do Sar o vindeiro venres 27 de agosto.

Con motivo dos concertos o vindeiro venres, 27 de agosto, no auditorio do Monte do Gozo e no Multiusos Fontes do Sar, desde a concellería de Mobilidade e Transportes xunto co departamento de Tráfico e Seguridade Cidadá planificouse o servizo da seguinte maneira:

Ambos servizos extraordinarios comezarán a operar tendo como punto de partida a rúa Ramón Piñeiro:

- Para asistir ao concerto do Xacobeo 10 dende as 16.00 horas, con dirección ao Monte do Gozo. A volta estará cuberta cun amplo dispositivo, para chegar de novo a Ramón Piñeiro.

- Para asistir ao concerto de Chayanne dende as 20.00 horas, con dirección Multiusos Fontes do Sar. Haberá servizo de volta rematando na rúa Ramón Piñeiro.

PREGAMOS QUE PARA AXILIZAR A SÚA VOLTA MERQUEN OS BILLETES DE IDA E VOLTA

Para este servizo aplicaranse as tarifas vixentes:

Tipo de billete

Billete ordinario  0,90 €/viaxe

Billete escolar     0,55 €/viaxe

Bono ordinario    0,55 €/viaxe

Bono escolar       0,40 €/viaxe

Bono mensual     26 € 

ono pensionista   0 € 

A empresa municipal TUSSA pon a disposición de todos os usuarios o número de teléfono 901 120 054 e a súa páxina web www.tussa.org

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220