IV XORNADAS DE TRANSPORTE E MOBILIDADE

Novas de Tussa
Os próximos días 10 e 11 de xuño terán lugar as IV Xornadas de Transporte e Mobilidade, organizadas por TUSSA e o concello de Santiago de Compostela, enmarcadas dentro da semana de transporte que vai comezar coa inauguración o día 9 de xuño dunha exposición de autocares antigos no paseo central da Alameda.

Esta exposición de autocares antigos quedará aberta a todo o público a partir das 19.00 horas coa inauguración do alcalde D. Xosé A. Sánchez Bugallo. A exposición contará con máis dunha ducia de autocares antigos e unha exposición de fotos deste tipo de vehículos.

O día 9 ás 12.30 h celebrarase no pazo de Raxoi a xuntanza da Comisión de Traballo de Transporte e Infraestruturas da FEMP.

As xornadas propiamente ditas comezan o día 10 e o lugar de celebración é o hotel monumento San Francisco. A inauguración correrá a cargo de Dona Concepción Gutiérrez, secretaria de Estado e Transportes e D. Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde da cidade. Trala inauguración celebrarase unha mesa redonda sobre “O dereito á mobilidade”. O resto da primeira sesión estará dedicado a analizar as políticas de transporte público e vehículo privado, ao debate dos distintos modos de transporte público e ao financiamento destes servizos.

O día 11 rematarán cunha mesa redonda sobre “Transporte público e planificación urbana” e coa clausura de D. Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

O tema estrela das Xornadas, ademais do transporte público, é a mobilidade onde terán cabida todos os implicados no sector: empresas de transporte, administración local e autonómica, consultoras, etc.

Para analizar estes temas contaremos cun grupo de profesionais de recoñecido prestixio dentro do sector.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220