Esta exposición de autocares antigos quedará aberta a todo o público a partir das 19.00 horas coa inauguración do alcalde D. Xosé A. Sánchez Bugallo. A exposición contará con máis dunha ducia de autocares antigos e unha exposición de fotos deste tipo de vehículos. O día 9 ás 12.30 h celebrarase no pazo de Raxoi a xuntanza da Comisión de Traballo de Transporte e Infraestruturas da FEMP. As xornadas propiamente ditas comezan o día 10 e o lugar de celebración é o hotel monumento San Francisco. A inauguración correrá a cargo de Dona Concepción Gutiérrez, secretaria de Estado e Transportes e D. Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde da cidade. Trala inauguración celebrarase unha mesa redonda sobre “O dereito á mobilidade”. O resto da primeira sesión estará dedicado a analizar as políticas de transporte público e vehículo privado, ao debate dos distintos modos de transporte público e ao financiamento destes servizos. O día 11 rematarán cunha mesa redonda sobre “Transporte público e planificación urbana” e coa clausura de D. Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia. O tema estrela das Xornadas, ademais do transporte público, é a mobilidade onde terán cabida todos os implicados no sector: empresas de transporte, administración local e autonómica, consultoras, etc. Para analizar estes temas contaremos cun grupo de profesionais de recoñecido prestixio dentro do sector.