Este servizo especial é gratuíto para os usuarios.
ITINERARIO: praza de Galicia – Monte do Gozo
Realizará as paradas habituais do transporte urbano (sinaladas en negriña) no percorrido que se indica de seguido:
Praza de Galicia (Banco de Santander), Ensinanza, Virxe da Cerca, San Roque, Basquiños, Pastoriza, San Caetano (igrexa), Avda. Rodríguez de Viguri, rúa Berlín, rúa Lisboa, rúa Londres e rematando no complexo do Monte do Gozo.
Como alternativa, O ACCESO AO MONTE DO GOZO PÓDESE REALIZAR TAMÉN COA LIÑA 6 do transporte urbano, que sae dos Tilos pasando por Castiñeiriño, Restollal, Pontepedriña, rúa do Hórreo, San Pedro, Concheiros, Valiño, San Lázaro e San Marcos, rematando nas proximidades do monte do Gozo. O domingo conta cunha frecuencia de 30 minutos, con saídas dos Tilos ás 7.15, 7.45, 8.15, 8.45, 9.15 e 9.45.