O 1 DE MAIO, FESTIVIDADE DO TRABALLO, ALGUNHAS LIÑAS DE TRANSPORTE URBANO ALTERAN OS SEUS SERVIZOS

Novas de Tussa
O sábado 1 de maio, Festa do Traballo, o servizo de transporte urbano funcionará como un festivo normal, coa excepción de determinadas liñas.

Neste día, e ata as 12.00 horas, as liñas que se detallan a continuación prestarán o servizo dun sábado normal (a partir desa hora o servizo será o dun festivo):

LIÑA 2: Rocha Vella – estación de autobuses
LIÑA 6: San Lázaro – Os Tilos
LIÑA 13: tanatorio de Boisaca – polígono do Tambre - Guadalupe – Casas Novas
LIÑA C5: polígono de Costa Vella – Amio – praza de Galicia – Paxonal – Amio – polígono de Costa Vella
LIÑA C6: polígono de Costa Vella – Amio – Paxonal – praza de Galicia – Amio – polígono de Costa Vella
LIÑA P1: estación de autobuses – Figueiras
LIÑA P2: estación de autobuses – Ortoño
LIÑA P3: San Roque – Santa Lucía – A Pajuela
LIÑA P6: Hórreo – Bando - Vilamaior

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220