Modificacións no percorrido dalgunhas liñas do transporte urbano por mor da celebración do Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela este domingo 25 de abril.
O vindeiro domingo día 25 de abril de 2010, con motivo da celebración da carreira ciclista “Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela” as liñas do transporte urbano que circulan pola zona terán os desvíos que se relacionan no documento que se achega.
Este mesmo día, ás 12.00 h sairá unha manifestación da Alameda, polo que as liñas que lles coincida agardarán o seu paso para seguir o seu percorrido, sen desvíos.
Consulten os desvíos, paradas suprimidas e solucións alternativas no seguinte documento: