Modificacións nas liñas 1, 8, C2 e P2 do transporte urbano o domingo día 18 de abril

Novas de Tussa
Debido ao remate en Santiago da quinta etapa da XXV Volta Ciclista Internacional a Castela e León e a colocación da meta na Avda. Xoán Carlos I procédese ao cote da mencionada avenida e da rúa Rosalía de Castro

Os desvíos terán lugar desde o primeiro dos servizos que realicen as liñas e estímase que poderán voltar ao seu itinerario habitual ao redor das 19:00, cando rematen as labores de retirada das instalacións. 

O novo percorrido durante este tempo será:

Liña 1: polígono do Tambre – hospital Clínico

Sentido hospital Clínico: polo seu itinerario habitual ata Virxe da Cerca e Fonte de San Antonio, para logo desviarse por Praza de Galicia, República do Salvador, Frei Rosendo Salvado, Avda. de Romero Donallo e itinerario habitual por Rosalía de Castro

Sentido polígono do Tambre: itinerario habitual por Santa Marta ata a parada do Hotel Peregrino, para logo desviarse por Romero Donallo, República Arxentina, Xeneral Pardiñas e itinerario habitual por rúa da Senra

Liña 8: Belvís – Vidán

Sentido Vidán: itinerario habitual ata Virxe da Cerca e Fonte de San Antonio, para logo desviarse por Praza de Galicia, República do Salvador, Frei Rosendo Salvado, Avda. de Romero Donallo, Avda. Mestre Mateo, Avda. das Ciencias (campus Sur), San Lourenzo e itinerario habitual

Sentido Belvís: itinerario habitual ata Avda. da Coruña, e desvío por Rosalía de Castro (dirección Praza de Vigo), Avda. de Vilagarcía, Avda. Romero Donallo, República Arxentina, Xeneral Pardiñas e itinerario habitual por rúa da Senra

Liña C2: Est. autobuses – Fontiñas – hospitais – Vite – Est. autobuses

Itinerario habitual ata Avda. De Ferrol, despois da cal desviarase por Romero Donallo, República Arxentina, Xeneral Pardiñas e itinerario habitual por San Clemente e Pombal.

Liña P2: Est. autobuses – Ortoño

Sentido Ortoño: itinerario habitual ata Virxe da Cerca e Fonte de San Antonio, para logo desviarse por Praza de Galicia, República do Salvador, Frei Rosendo Salvado, Avda. de Romero Donallo, e continuar o seu itinerario habitual pola Avda. Mestre Mateo

Sentido estación de autobuses: itinerario habitual ata Avda. de Mestre Mateo, para logo desviarse por Romero Donallo, República Arxentina, Xeneral Pardiñas e itinerario habitual por rúa da Senra. 

Quedan suprimidas, para estas liñas, as paradas situadas na Avda. Xoán Carlos I, na rúa Rosalía de Castro e na Rúa Senra (dirección Alameda). A parada da rúa da Senra dirección Praza de Galicia segue operativa. 

Para máis información, poden chamar ao número de teléfono de información do transporte urbano,  901 12 00 54. 

Desculpen as molestias.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220