SERVIZOS ESPECIAIS DE AUTOBUSES PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO "SALTIMBANCO"

Novas de Tussa
Servizos especiais de autobuses para asistir ao espectáculo "SALTIMBANCO" de Cirque du Soleil, no Multiusos Fontes do Sar (do mércores 21 ao domingo 25 de abril de 2010)

Haberá un servizo lanzadeira todos os días do espectáculo e desde unha hora e media antes do inicio de cada sesión que realizará o seguinte percorrido: saída da rúa RAMÓN PIÑEIRO (lateral Parlamento de Galicia) - Avda. de Lugo - MULTIUSOS.

Manterase dito servizo ao finalizar cada unha das sesión, saíndo do MULTIUSOS e rematando na rúa RAMÓN PIÑEIRO.

Ademais, todas as liñas circulares do transporte urbano inclúen no seu percorrido o barrio de Fontiñas e a rúa Londres (parada máis próxima ao Multiusos), e tres delas teñen paso directamente polo Multiusos:

Para máis información, poden chamar ao número de teléfono de información do transporte urbano, 901 12 00 54, ou en www.tussa.org

Prégase a todos os cidadáns que teñan previsto asistir a este espectáculo que empreguen na medida do posíbel o transporte público e que atendan as indicacións dos efectivos da Policía Local do concello de Santiago.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220