APARCADOIRO MUNICIPAL DE XOÁN XXIII
O número total de vehículos de rotación do ano 2009 foi de 132.048 fronte aos 129.883 do ano anterior, o que supuxo un incremento de 2.165 coches.
Os datos de 2009 indican que o aparcadoiro segue a súa proxección como estacionamento de rotación para os nosos veciños.
Desde TUSSA valoramos de xeito realmente positivo o feito de que na situación actual sigamos medrando ano a ano, cando a tendencia no resto de aparcadoiros da cidade, a situación é á inversa.En todo caso, cabe destacar dous factores, por un lado o bo comportamento das instalacións no período estival, así como o comportamento dos produtos ofrecidos por esta empresa: tarxetas aparcafácil (debemos lembrar que estas utilizacións non aparecen reflectidas nos valores de rotación), o uso do alcoholímetro e por último a bicicleta pública dentro do estacionamento. Lembrar tamén a utilización de xeito gratuíto dos pais e nais dos colexios da zona, que nos permite dar a coñecer as nosas instalacións, amosar o produto e gañar a confianza dos usuarios.
APARCADOIRO MUNICIPAL DE BELVÍS
O número total de vehículos de rotación do ano 2009 foi de 58.973 fronte aos 55.183 de 2008, o que supuxo un incremento de 3.790 coches.
No caso de Belvís hai que facer unha valoración realmente positiva, xa que debemos lembrar que se trata dun estacionamento de superficie e cuns accesos peonís complicados pola orografía da zona. O aumento da utilización deste aparcadoiro nos últimos 3 anos é realmente satisfactoria.
En todo caso, cabe destacar dous factores, por un lado o bo comportamento das instalacións no período estival (significativo por canto este era un aparcadoiro de tipo estacional), así como o comportamento dos produtos ofrecidos por esta empresa: tarxetas aparcafácil (debemos lembrar que estas utilizacións no aparecen reflectidas nos valores de rotación) e o uso do alcoholímetro. Neste caso a colaboración cos pais e nais do alumnado dos centros da zona é superior debido á proximidade cos mesmos, chegando a cubrir zonas (pola petición dos centros) de complexos educativos fóra do que desde TUSSA se consideraba a área de influencia.
DÁRSENA DE AUTOBUSES DE XOÁN XXIII
O número total de vehículos de rotación do ano 2009 foi de 10.160 fronte aos 10.913 de 2008, o que supuxo un descenso de 753 autobuses.
Este descenso na utilización da dársena atribuímola única e exclusivamente á situación económica actual. En todo caso, este ano, aproveitando o efecto “do ano santo Compostelán”, esperamos un repunte dos datos apoiado por máis actuacións promocionais e informativas da mesma.
POLÍTICA TARIFARIA PARA 2010
O Consello de Administración da Sociedade, celebrado o 5 de febreiro, aprobou a conxelación das tarifas dos aparcadoiros de Xoán XXIII e Belvís para 2010, acordando unicamente a actualización do IVE para o mes de xullo.