O plato forte da campaña é a entrega de obxectos promocionais o próximo mércores día 3, nos autobuses e nalgunhas das paradas da rede de transporte urbano:
Nas paradas de Virxe da Cerca (praza de Abastos), praza de Galicia, Xeneral Pardiñas e estación de autobuses, entregaranse os chaveiros promocionais da campaña.
Neste mesmo día, e ata finalizar as existencias, os condutores das liñas da rede de transporte urbano da cidade entregarán a todas aquelas persoas que adquiran ou recarguen a súa tarxeta unha memoria USB.
Con este lanzamento preténdese fixar a imaxe para todo o transporte urbano así como promocionar o uso do mesmo entre o noso público obxectivo.