Situación do transporte urbano polo temporal
Debido ás inclemencias do tempo o transporte urbano non puido operar ata as 9.00 horas.
Dende media mañá a totalidade das liñas do transporte urbano do concello de Santiago estanse reiniciando paulatinamente ao seu funcionamento diario.
Para calquera información sobre o seu estado actual chamen ao 901 120 054.
Desculpen as molestias e grazas pola súa colaboración.