Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Xacobeo Blu:sens Obradoiro o sábado 31 ás 20.00 horas no multiusos Fontes do Sar.
A LIÑA C11 (circular de Fontiñas) incorporará o multiusos Fontes do Sar ao seu percorrido habitual dende as 19.00 horas, cada 12 minutos.
SERVIZO LANZADEIRA a partir das 19.00 horas dende a rúa da Rosa.
Ao remate do partido manteranse ambos SERVIZOS DE REGRESO.