Por mor das obras que se están levando a cabo na zona, a rúa Curros Enríquez permanecerá pechada ao tráfico dende o 19 ata o 31 de outubro, no tramo que vai dende Castrón Douro a Bernardo Barreiro.
Como consecuencia deste corte, a LIÑA 7 (Aríns - San Roque) modificará o seu percorrido, quedando mentres dure o corte da seguinte maneira: CRUCE DE PICAÑOS - RÚA DIEGO BERNAL - PERIFÉRICO - AVDA. DE LUGO - BERNARDO BARREIRO - CURROS ENRÍQUEZ, para continuar co itinerario habitual.
Pregámoslles disculpen as molestias que lles poidan ocasionar estas modificacións.