SANTIAGO UNIUSE Á SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE, QUE SE CELEBROU DO 16 AO 22 DE SETEMBRO

Novas de Tussa
Santiago, ao igual que máis de 2.000 cidades europeas, participou activamente na celebración da Semana Europea da Mobilidade

As actividades centráronse no día 22 na praza Roxa, onde os máis pequenos puideron disfrutar dunha xincana, e probar as súas habilidades coa bicicleta, nun circuíto de obstáculos. 

Para todos, contouse cun taller de enerxía, no que se amosou como a enerxía producida por bicicletas é suficiente para o acendido e funcionamento de distintos elementos eléctricos coa simple acción de pedalear.

Estiveron a disposición dos cidadáns as bicicletas do sistema de préstamo para que as puideran probar de balde. Foi tamén de balde, durante toda a xornada, o servizo de transporte urbano. Os datos de utilización do servizo durante este día faranse públicos na semana que ven.

Non faltou á cita o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que se animou a subir á bicicleta e probar a súas habilidades cos obstáculos.

O atractivo da tarde foi a presenza dos profesionais da bicicleta: ÓSCAR PEREIRO, campión do Tour de Francia 2006; IVÁN RAÑA, campión do mundo de triatlón; e DAVID BLANCO, gañador tres veces da Volta a Portugal.

Ao final da tarde, celebrouse o sorteo de unha bicicleta e dez bonos mensuais do transporte urbano.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220