Este ano o lema é “Mellora o clima da túa cidade”. Conscientes de que o uso dos vehículos privados, ademais de contribuír ao cambio climático, afectan seriamente á calidade de vida na nosa cidade, é polo que queremos participar activamente na celebración desta Semana, coas seguintes actividades:
Este mesmo día, pero pola tarde (de 16.30 a 20.30 h), as actividades centraranse na PRAZA ROXA, co seguinte programa:
Taller de enerxía. Neste taller mostrarase como a enerxía producida por bicicletas é suficiente para o acendido e funcionamento de distintos elementos eléctricos coa simple acción de pedalear. Haberá outras demostracións de enerxías renovables.
Entre as persoas que participen na actividade SORTEARASE UNHA BICICLETA E 10 BONOS MENSUAIS DO TRANSPORTE URBANO.