Por mor das obras de construción do túnel do Hórreo, a rúa Santiago León de Caracas permanecerá pechada ao tráfico dende as 10.00 horas do mércores, 12 de agosto, ata as 10.00 horas do sábado 15 de agosto.
Debido a este corte os autobuses das liñas 6, C5 e Santa Lucía circularán pola rúa da Rosa e rúa Fernando III O Santo mantendo inalterábel o resto do recorrido.A parada situada na rúa Santiago León de Caracas quedará sen servizo ata o sábado ás 10.00 horas.