Por mor das obras do arranxo da calzada na rúa de Sar, o treito que vai desde a rúa Castrón Douro ata a Ponte de Sar permanecerá cortado ao tráfico desde o 4 de agosto ata primeiros do mes de setembro.
A liña número 7 do bus que fai o percorrido Aríns-San Roque tamén se ve alterada no treito que discorre pola rúa de Sar, quedando do seguinte xeito: estrada local 261 (Aríns), desvío por Diego Bernal, Multiusos Fontes do Sar, Fontiñas, Avenida de Lugo, Bernardo Barreiro e Curros Enríquez.