SERVIZO DE TRANSPORTE URBANO PARA ASISTIR AO CONCERTO DE BRUCE SPRINGSTEEN

Novas de Tussa
Con motivo do concerto de Bruce Springsteen o vindeiro domingo, 2 de agosto, no auditorio do Monte do Gozo, desde a concellería de Transportes planificouse o servizo ao obxecto de dar cobertura a un evento desta magnitude.

Desde o día anterior, sábado 1 de agosto, e ao longo do día 2, os autobuses da liña 6 levarán o cartel de servizo especial “Monte do Gozo – concerto Bruce Springsteen”. Esta liña verase reforzada. Deixará os usuarios na costa de San Marcos (diante do hotel Apóstol Santiago), a escasos metros do auditorio do Monte do Gozo. Percorrido da liña 6: Castiñeiriño, Paxonal, Amor Ruibal, Hórreo, Virxe da Cerca, rúa de San Pedro, Concheiros, Fontiñas, Valiño, San Lázaro e costa de San Marcos.

Os servizos extraordinarios comezarán a operar dende as 17.00 horas, tendo como punto de partida as rúas do Hórreo (fronte ao Parlamento de Galicia) e a Rosa, con dirección ao Monte do Gozo.

A volta estará cuberta pola práctica totalidade da flota, que partirá da rúa das Estrelas para chegar ao Hórreo.

Para este servizo aplicaranse as tarifas vixentes. Pódense consultar no documento que se achega.

A empresa municipal TUSSA pon a disposición de todos os usuarios o número de teléfono 901 12 00 54 e a páxina web.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220