Un ano despois, e aproveitando de novo o mes de xullo, un mes de festas e celebracións, queremos recordar aos usuarios das nosas instalacións que este sistema segue á súa disposición, dándolle a posibilidade de coñecer en calquera momento as súas condicións de cara a unha condución segura, someténdose á proba do alcoholímetro. Para poder realizala só teñen que dirixirse ao persoal das instalacións. Se a proba “dá positivo”, e a criterio do usuario, poderá deixar o coche o tempo necesario no aparcadoiro abonando só a metade do tempo que o vehículo estivo estacionado desde a realización da proba (ata un máximo de 24 horas).