OS CORTES DE TRÁFICO QUE SE REALIZARÁN NO BARRIO DE SAN PEDRO POR MOR DAS FESTAS AFECTARÁN AO TRANSPORTE URBANO

Novas de Tussa
A empresa municipal TUSSA informa das restricións circulatorias que van ter lugar no barrio de San Pedro con motivo da celebración das festas do barrio, durante os días 26, 27 e 28 de xuño.

Venres 26: a rúa de San Pedro estará cortada ao tráfico entre as 20.00 e as 20.15 horas. Así mesmo, pecharase a circulación entre as 22.30 e as 3.00 horas para a celebración dun pasarrúas e dun concerto na praza 8 de marzo.

Sábado 27: tamén se producirá un corte na rúa de San Pedro entre as 8.00 e as 2.00 da madrugada para a realización dunha feira de artesanía e dunha xornada de convivencia veciñal.

Sábado 27: debido á colocación do palco dunha orquestra, non se poderá circular polas rúas Costa do Veedor e Fraguas durante todo o día. Nos primeiros números desta última e na praza do Cruceiro de San Pedro tampouco se poderá estacionar en toda a xornada.

Domingo 28: entre as 11.30 e as 13.00 horas o tráfico permanecerá cortado e non se poderá estacionar na praza do Cruceiro de San Pedro por mor da realización dun espectáculo de música e baile tradicional.

As liñas do transporte urbano afectadas son as seguintes: liña 6 (San Lázaro-Os Tilos), liña 8 (Belvís-San Lourenzo-Vidán), liña 11 (circular de Fontiñas) e liña C6 (polígono Costa Vella-Amio-Paxonal-praza de Galicia-Amio-polígono de Costa Vella).

Os desvíos pertinentes estarán debidamente sinalizados e atendidos por efectivos da Policía municipal.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220