NOVA CAMPAÑA "CÉDALLE O PASO AO BUS" E SERVIZOS ESPECIAIS DE TRANSPORTE ASCENSIÓN 2009

Novas de Tussa
A CONCELLERARÍA DE MOBILIDADE E TRANSPORTES PRESENTA A RENOVADA CAMPAÑA DE “CEDALLE O PASO AO BUS” E PRESENTA OS SERVIZOS ESPECIAIS PARA AS FESTAS DA ASCENSIÓN E A FESTA DOS MAIORES.

A empresa municipal TUSSA, lanza unha vez máis a campaña de “cédalle o paso ao bus” coa intención de concienciar a todos os cidadáns e usuarios do vehículo privado, de que non deben entender o autobús como un estorbo na rúa, senón que entre todos debemos colaborar na súa fluidez. A campaña consiste en que os autobuses da rede de transporte urbano levarán colocado un adhesivo na parte posterior e ben visíbel do autobús, coa devandita mensaxe, buscando unha maior concienciación dos condutores.

Por outra banda, a empresa municipal TUSSA informa dos seguintes reforzos e servizos de transporte específicos para as festas da ASCENSIÓN 2009:

O xoves día 21: a liña 1,  entre as 08.30 e as 15.00 horas, terá a mesma frecuencia que un día laborábel, é dicir, cada 16 minutos, e en todas as súas viaxes prolongará o seu percorrido ata a feira de Amio para que todos os cidadáns e visitantes poidan acudir ao histórico concurso cabalar que se celebra no devandito recinto.

O sábado 23: XI FESTA PARA OS NOSOS MAIORES, para cubrir este servizo poñerase en marcha un servizo de lanzadeira dende a praza de Galicia ata o recinto feiral de Amio a partir das 12.30 horas. O servizo retornará á praza de Galicia a partir das 18.00 horas. Este servizo será gratuíto para todos os asistentes á festa dos nosos maiores.

Lembrar unha vez máis que Tussa conta coa páxina web www.tussa.org totalmente renovada e con novos servizos, tales como un novo buscador e o novo servizo de atención ao transporte e á mobilidade.

Tamén está a disposición dos usuarios o número de teléfono 901 12 00 54 no que poden obter información a tempo real dos servizos de transporte.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220