XUNTANZA ORDINARIA DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DA SOCIEDADE, CELEBRADA O 28 DE ABRIL DE 2009

Novas de Tussa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu na mañá de onte a reunión ordinaria do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). Na sesión adxudicáronse as obras de reforma dos aseos públicos de Xoán XXIII.

O Consello de Administración de TUSSA analizou os distintos proxectos para unha renovación total dos aseos da zona de San Francisco, no aparcadoiro de Xoán XXIII. Esta actuación permitirá aumentar a súa capacidade e, a maiores, construirase unha sala de espera para uso xeral. A empresa que resultou adxudicataria foi 2000 JOSCÓN CONSTRUCCIONES, S.L., por un importe de 21.337,70 euros máis IVE.

Na orde do día tamén figuraba a aprobación das bases para a contratación dun/dunha oficial 2ª administrativo para cubrir unha baixa por maternidade. Poden consultar as bases e o prazo para a presentación de solicitudes no apartado de "convocatorias"

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220