RESULTADOS DOS APARCADOIROS NO ANO 2008

Novas de Tussa
Os aparcadoiros da sociedade municipal TUSSA, continuaron ao longo do pasado ano cunha moi boa progresión, aumentando en máis de 4.200 os seus usuarios de rotación.

APARCADOIRO DE XOÁN XXIII

O número total de vehículos de rotación do ano 2008 foi de 129.883 fronte aos 128.352 do ano anterior, o que supuxo un incremento de 1.531 coches.

Á vista destes datos podemos concluír que o aparcadoiro de Xoán XXIII se asenta como unha solución de aparcamento de rotación para os cidadáns concello e da área metropolitana, e máis se temos en conta que as maiores subidas deste aparcamento foron nos meses de febreiro, marzo e maio onde o tipo de usuario non é turístico. Medidas como a tarxeta aparcafácil e a campaña “se bebes déixao” supuxeron un éxito en si mesmo, é dicir, non só se valorou positivamente o concepto dos produtos, senón que supuxo un coñecemento por parte dos usuarios desta instalación.

APARCADOIRO DE BELVÍS

O número total de vehículos de rotación do ano 2008 foi de 55.183 fronte aos 53.187 de 2007, o que supuxo un incremento de 1.996 coches.

Os datos deste aparcamento son realmente satisfactorios se temos en conta a súa traxectoria. Converteuse nun aparcamento asentado dentro da rede, e cun amplo coñecemento do mesmo por parte do cidadáns do concello.

O efecto dos produtos neste aparcadoiro é o mesmo que no caso do aparcadoiro de Xoán XXIII.

DÁRSENA DE AUTOBUSES DE XOÁN XXIIIO número total de vehículos de rotación do ano 2008 foi de 10.913 fronte aos 10.239 de 2007, o que supuxo un incremento de 674 autobuses.

Esta instalación sufrira en 2007 un descenso de 460 autobuses, indicador que nos fixo traballar arreo na captación de novos usuarios e fidelización dos mesmos, impulsando acordos con asociacións de transportistas e en xeral cunha importante labor comercial en congresos e xuntanzas do sector, o que se traduciu nos datos anteriormente expostos.

En resumo, os bos resultados destas instalacións débense principalmente a tres factores:

Unha política tarifaria que é unha das bases importantes do noso posicionamento, xa que temos as tarifas máis baratas de todo o concello.

O lanzamento de novos produtos (aparcafácil, se bebes déixao, solucións de mobilidade en bicicleta).

A calidade do servizo, ofertando aos usuarios unha solución integral de aparcamento e mobilidade na cidade, onde o usuario interactúa con nós dándolle cumprida resposta ás súas demandas, por exemplo o bono de motos lanzado en Xoán XXIII.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220