A liña 1 (polígono do Tambre – hospital Clínico) consolídase como a liña de transporte con máis viaxeiros transportados da rede, cun total de 1.294.867 usuarios, o que supón o 16,52% do total da rede. A seguinte liña con máis viaxeiros transportados é a liña 6 (San Lázaro – Os Tilos) con 1.254.874 usuarios que supoñen o 16,01% da rede. En terceiro lugar neste ránking está a liña 5 (Pgno. de Vite – estación autobuses– praza Roxa – Conxo – A Rocha) con 1.238.643 viaxeiros que é o 15,80% da rede. Estas tres liñas aumentaron con respecto ao pasado ano nun total de 42.743 viaxeiros, sendo a liña 5 a que máis aumentou cun total de 20.485 usuarios.
As liñas C5 e C6 seguen a súa progresión aumentando o seu número de viaxeiros en 17.376 como consecuencia das modificacións realizadas no pasado ano que consistiron en dar unha maior cobertura ao Pgno. de Costa Vella.
A liña 13 (tanatorio Boisaca – Pgno. do Tambre – Guadalupe – Casas Novas) aumentou en 11.625 usuarios, debido tamén aos cambios realizados no pasado ano.
A liña 15 (campus norte – praza de Galicia – campus sur) segue a consolidarse aumentando en 20.102 os seus usuarios, sendo a segunda liña que máis medrou no pasado.
Por último destacar dentro das liñas urbano – periféricas o aumento en 8.127 os usuarios da liña de Ortoño.
Con respecto á utilización dos distintos modos de transporte, cabe destacar os seguintes aspectos:
Segue baixando a utilización do uso dos billetes ordinario e escolar que pasan dun 32,23% no ano 2007 a un 29,94% en 2008.
Como consecuencia das políticas tarifarias aplicadas nos últimos anos, a utilización dos bonos ordinarios e escolares aumentou nun 2,02%. Lembremos que a política de tarifaria dos últimos anos foi de conxelación dos bonos para deste xeito fidelizar aos nosos usuarios.
Destacar que os transbordos gratuítos xa empezaron a asentarse na rede supoñendo xa o 1,34% do total das viaxes realizadas.
Na actualidade o Concello ten distribuídos 13.948 bonos gratuítos, repartidos entre os seguintes perfiles de usuarios: minusválidos e acompañantes, carentes de recursos, maiores de 65 anos e pensionistas e xubilados.
As viaxes realizadas polas bonificacións postas en marcha polo Concello supoñen un total de 2.170.333, repartidas entre bonificados sociais e transbordos gratuítos. Estas viaxes supoñen un 27,72 % das viaxes totais o que implica que é o título de viaxe máis utilizado da nosa rede.
O custo para o Concello destas bonificacións e fomento do transporte supón preto de un millón de euros.
TUSSA como empresa municipal do transporte, traballa principalmente en tres liñas: accesibilidade (lembremos que toda a flota conta co sistema de arrodillamento), seguridade e información, de cara á mellora do transporte público na nosa cidade. Cabe destacar os seguintes aspectos:
Tussa conta con esta web totalmente renovada e con novos servizos, tales como un novo buscador e o novo servizo de atención ao transporte e á mobilidade no que xa se atenderon 20 consultas dende a súa posta en marcha.
Tamén está a disposición dos usuarios o número de teléfono 901 12 00 54 no que poden obter información a tempo real dos servizos de transporte.