Información residentes

Existen varias modalidades de tarxeta de residentes:

TARXETAS DE RESIDENTES POR DOMICILIO:

ZONA ORA: Permiten sacar tícket coa tarifa de residentes (dobre de tempo na zona xeral, sector 1)

ZONA VERDE: Permiten estacionar na zona verde. Van adscritas a unha zona expresada en número:

  • Z1-PONTEPEDRIÑA
  • Z2-VITE
  • Z3-SAN PEDRO
  • Z4-ALMÁCIGA
  • Z5-ULTREIA
  • Z6-SAR
  • Z7-SAN LOURENZO
  • Z8-PELAMIOS
  • Z9-SANTA MARTA
  • Z10-FONTE DO OURO
  • Z11-SAN ROQUE
  • Z12-OTERO PEDRAIO

(ver cadro de zonas)

TARXETAS DE RESIDENTES POR TRABALLO OU DOMICILIO PROFESIONAL

Concédense para a zona onde estea situado o centro de traballo ou actividade profesional.

Funcionan de forma semellante que as de domicilio particular, pero só teñen vixencia en horario de 8 a 20:30 horas.

TARXETAS DE RESIDENTES POR MUNICIPIO

Permiten estacionar en calquera zona verde de 7:00 a 21:00 e ademais usar a tarifa de residentes en zona ORA.

REQUERIMENTOS PARA PODER OBTER UNHA TARXETA DE RESIDENTES
  • O solicitante debe estar empadroado en Santiago, co vehículo domiciliado no seu mesmo domicilio e pagando o imposto de circulación en Santiago.
  • No caso de que o vehículo sexa de renting ou leasing, o solicitante deberá achegar copia do contrato.
  • No caso de vehículo de empresa, será válido sempre que a empresa emita unha declaración conforme se lle adxudica ese vehículo para o seu uso exclusivo dentro e fora do traballo.
PARA AS TARXETAS DE DOMICILIO, ADEMAIS:
  • O solicitante deberá residir nunha zona integrada na zona azul ou a zona verde, no seu caso.
  • Esta tarxeta é gratuíta e permitiralle aparcar nunha zona próxima ao seu domicilio as 24 horas do día, se é que se trata de zona verde.
  • Se é para zona azul, permite sacar billete coa tarifa de residentes, que na zona xeral concede o dobre de tempo de estacionamento e exime ao usuario da obrigación de rotar. Nas zonas de curta e longa non se pode usar esta tarifa.
PARA AS TARXETAS DE TRABALLO:
  • O solicitante deberá acreditar mediante presentación de certificado de empresa, que o domicilio de traballo está afectado pola zona azul e a zona verde.
  • Esta tarxeta é gratuíta e permitiralle aparcar nunha zona próxima ao seu domicilio de traballo de 8 horas a 20:30 horas, se é que se trata de zona verde.
  • Se é para zona azul, permite sacar billete coa tarifa de residentes, que na zona xeral concede o dobre de tempo de estacionamento e exime ao usuario da obrigación de rotar.
PARA AS TARXETAS DE MUNICIPIO:
  • O solicitante non deberá acreditar un domicilio concreto. Bastará con que estea empadronado en Santiago de Compostela.
  • Esta tarxeta custa 50€ por ano natural. 25€ se solicítase a partir do 1 de xullo, con validez neste caso para o segundo semestre do ano.
  • Renóvanse todos os anos entre o 15 de xaneiro e o 15 de febreiro, pagando a taxa nas oficinas.
COMO SOLICITAR A SÚA TARXETA:

Presentando o modelo M037 de Solicitude de Tarxeta de Residentes no rexistro do Concello (rúa Salvador Allende nº4) achegando DNI e Permiso de Circulación do vehículo ou a través da sede electrónica do Concello de Santiago.

Solicitude de Tarxeta de Residentes

A SOLICITUDE NON DARÁ DEREITO AO USO DO TARXETA EN TANTO NON SEXA CONCEDIDA.

VIXENCIA DAS TARXETAS DE RESIDENTES

Se ben a ordenanza di que a vixencia é bianual, na práctica, a vixencia é indefinida en tanto o interesado siga cumprindo os requisitos que dan dereito a ela.

A estes efectos, a persoa usuaria debe comprometerse a comunicar ao Concello calquera variación de vehículo, domicilio ou calquera outra circunstancia relativa aos mesmos (cambio de domicilio, cambio de vehículo,...).

Compre ter en conta especialmente que o solicitante debe estar ao corrente no pago do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica, seguro obrigatorio, e de alta no padrón municipal.

O desfrute das tarxetas de municipio está condicionado ao pago da taxa anual, polo cal, a falta de pagamento da mesma no prazo xa indicado, implicará a baixa da tarxeta.

NÚMERO MÁXIMO DE DISTINTIVOS

En principio, concederase unha tarxeta por persoa e vehículo.

Unha mesma persoa usuaria poderá conseguir un segundo e aínda unha terceira tarxeta cando acredite que o condutor habitual do vehículo sexa cónxuxe ou descendente ata segundo grao do titular do mesmo, achegando libro de familia e contrato de seguro onde apareza incluído como asegurado.

En ningún caso un vehículo poderá ter dous distintivos de residente.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220