Información

O servizo ORA se distribúe en zonas e sectores.

Existen 3 zonas: (enlace a rúas reguladas)

CURTA DURACIÓN, onde o estacionamento máximo é 1 hora e unha vez rematado o tempo para aparcar deberá rotar o vehículo non podendo voltar a aparcar ata pasadas 2 horas.

XERAL onde o estacionamento máximo e de 2 horas.

Dentro da xeral existen varios sectores. No sector 1 os vehículos aparcados deberán deixar o sector unha vez rematado o tempo de estacionamento e non poderán volver a aparcar ata pasadas dúas horas.

O resto dos sectores están libres de rotación.

Informacion

HORARIOS.

O servicio só será en días laborables.

ZONA XERAL E LONGA

De luns a venres de 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

Os sábados de 10 a 14 horas (Agás no sector 5)

ZONA CURTA DURACIÓN

PATIO DE MADRES

De luns a vernes de 8 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas.

ALGALIA DE ABAIXO

De luns a venres e 10 a 14 horas e de 16.30 a 20.30 horas de luns a venres e os sábados laborais de 10 a 14 horas.

TRAVESÍA DA UNIVERSIDADE

De luns a sábado de 8 a 14 horas.

MODOS DE PAGAMENTO

  • Efectivo: As máquinas da ORA aceptan moedas de 5 céntimos a 2 euros. Non dan cambio.
  • Tarxeta: As máquinas da ORA aceptan pagamentos con tarxeta de crédito (VISA o Servired) a partir de 55 céntimos.
  • Moviltik: A aplicación Moviltik está dispoñíble para o pagamento da ORA para dispositivos Android e IOS.
  • (Enlace a Moviltik) – Playstore y Google Play

ANULACIÓN DE DENUNCIAS

  • Se o vehículo é denunciado en zona ORA por sobrepaso sobre o tempo de estacionamento ou non ter tique, o usuario ten a opción de anular a denuncia pagando a taxa especificada na ordenanza fiscal 3.17 para dita operación que será: -De 2,90 euros cando o sobrepaso é inferior a media hora.
  • 6,00 euros no resto dos casos.
  • A anulación pódese realizar en calquera parquímetro da cidade ou a través da aplicación Moviltik. É unha operación voluntaria para o usuario e que polo tanto supón a aceptación da denuncia.
ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054 / 981 581 815

ORA

SERVIZO ORA E RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCADOIROS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220