Existen diferentes tarifas para os autobuses urbanos, dependendo do tipo de billete utilizado. A continuación podes ver o prezo de cada un deles.
| Tipo de billete | Prezo |
|---|---|
| Billete ordinario | 1,00 €/viaxe |
| Billete escolar (<18 anos) | 0,55 €/viaxe |
| Bono ordinario | 0,60 €/viaxe (desde 1/7/2025: 0,36 €/viaxe) |
| Bono infantil (de 4 a 14 anos) | 0,40 €/viaxe (desde 1/7/2025: gratuito) |
| Bono xuvenil (de 15 a 17 anos) | 0,40 €/viaxe (desde 1/7/2025: 0,20 €/viaxe) |
| Bono mensual | 26 € (desde 1/7/2025: 15,60 €) |
| Bono pensionista | 0 € |
As recargas dispoñibles para os bonos ordinario e xuvenil son de 10, 20 e 30 viaxes. Estes dous bonos inclúen o transbordo gratuíto nun prazo de 60 minutos e entre dúas liñas distintas do transporte urbano. O bono mensual, pola súa banda, permite facer viaxes ilimitadas durante 30 días naturais a partir do día da súa primeira cancelación.
Tanto os billetes coma os bonos ordinario, xuvenil e mensual poden adquirirse nos propios autobuses. No caso do bono, ademais de pagar o importe correspondente á recarga de viaxes, é preciso pagar unha fianza de 3 euros que se reembolsará ao devolver a tarxeta sempre e cando estea en bo estado de uso e conservación.
As tarxetas de bono infantil con viaxes gratuitos poden recollerse a partir do 1 de xullo nas oficinas de TUSSA (estación de autobuses) ou TRALUSA (recinto feiral de Amio), de luns a venres laborables de 9:00 a 14:00.
O billete escolar só é válido para menores de 18 anos. Terán acceso gratuíto os nenos ata 4 anos (de 0 a 3 anos, ambos incluídos) sempre que viaxen acompañados dunha persoa maior en posesión do seu título de viaxe correspondente.
Lémbrase tamén a eliminación da tarifa concesional dos tramos do termo municipal de Santiago de Compostela incluídos na explotación do transporte urbano (Santa Lucía, Son, Figueiras e Vilamaior).
Para calquera dúbida ou problema, podes chamar ao teléfono de información do transporte urbano 981 58 18 15 / 901 12 00 54.