Estación de autobuses
Dende o ano 2005, TUSSA xestiona a estación de autobuses de Santiago de Compostela, emprazada, dende o ano 2021, na Rúa Clara Campoamor, s/n, formando parte da estación Intermodal - Daniel Castelao, o que permite unha maior intermodalidade, ao estar conectada coa estación de ferrocarril e co centro da cidade.
O horario de funcionamento da Estación vai dende as 05:45 ás 00:00 horas. A estación conta con servizos autonómicos, nacionais e internacionais.
Para coñecer os horarios dos servizos autonómicos dispón da información facilitada pola Xunta de Galicia a través de
Empresas e rutas nacionais/internacionais
- ALSA
Tel: 902 42 22 42
www.alsa.es
Rutas: Santiago - Porto – Lisboa | Santiago – Madrid | Santiago – Burgos – Zaragoza – Barcelona | Santiago – Gijón – Oviedo – Santander – Bilbao – San Sebastián – Irún | Santiago - Zamora - Salamanca - Mérida - Sevilla – Algeciras | Santiago - Ponferrada - Astorga - León – Valladolid - FLIXBUS
www.flixbus.es
Rutas: Santiago – Porto | Santiago – París - BLABLACAR
www.blablacar.es
Rutas: Santiago – Porto – Lisboa | Santiago – París - LÁZARA
www.autocareslazara.com
Rutas: Santiago – Andorra
Accesibilidade e servizos da estación
- Rede wifi gratuíta
- Servizo de información ao usuario na planta principal
- Servizo de consignas para vultos na planta principal
- Atención personalizada a persoas de mobilidade reducida
- Servizo de cafetería con terraza cara as Brañas do Sar
- Servizo de taxis ás entradas da estación
- Cargador para dispositivos electrónicos
Grazas á súa conexión co transporte urbano (entrada tamén pola rúa Hórreo), garántese accesibilidade total ao aeroporto Rosalía de Castro, centros hospitalarios da área sanitaria, campus universitarios, zona norte da cidade e barrios como Fontiñas e Vite.
Servizos discrecionais
A estación tamén dá servizo a autobuses discrecionais, permitindo ás persoas usuarias acceder comodamente aos principais puntos de interese da cidade.