Abonos e bonos
Dispoñemos de bono 24 horas, diúrno (de luns a venres laborábeis de 8.00 a 22.00 horas) e nocturno (de luns a venres laborábeis de 19.00 a 8.00 horas; sábados, domingos e festivos 24 horas) e abonos para motos.
Consigue o bono
Tarxeta turista
Dispoñemos de dúas tarxetas turistas que dan dereito a estacionar as 24 horas, unha de 7 días e outra de 15 días.
Dita tarxeta solicitarase directamente no aparcadoiro no momento de estacionar o vehículo.
Tarxeta monedeiro aparcafácil
Existe unha tarxeta prepago que o cliente carga co importe que desexa ata un máximo de 50 euros (sempre múltiplo de 5). A vantaxe desta tarxeta é que TUSSA incrementa o saldo recargado nun 15%.
Con esta tarxeta, o usuario poderá entrar e saír do aparcadoiro descontándoselle de cada vez o importe correspondente ao tempo estacionado.
Outros servizos
- Aparcadoiro gratuíto, durante 30 minutos, para os pais dos alumnos dos colexios López Ferreiro e San Jorge para deixar e recoller aos nenos.
- Cobertura de móbiles de todas as compañías.