Vehículos autorizados
Os vehículos que poden estacionar son turismos, motos e furgonetas con PMA menor de 3.500 kg. Non poden estacionar caravanas, camións, autobuses nin vehículos con remolque.
Abonos e bonos
Dispoñemos de bono 24 horas, diúrno (de luns a domingo de 8.00 a 22.00 horas), nocturno (de luns a venres laborábeis de 19.00 a 8.00 horas; sábados, domingos e festivos 24 horas), mañá (de luns a domingo de 8.00 a 15.00 horas) e de tarde (de luns a domingo de 15.00 a 22.00 horas).
Consigue o bono
Tarxeta monedeiro aparcafácil
Existe unha tarxeta prepago que o cliente carga co importe que desexa ata un máximo de 50 euros (sempre múltiplo de 5). A vantaxe desta tarxeta é que TUSSA incrementa o saldo recargado nun 15%.
Con esta tarxeta, o usuario poderá entrar e saír do aparcadoiro descontándoselle de cada vez o importe correspondente ao tempo estacionado.
Servizo de préstamo de paraugas
Poñemos a disposición dos nosos clientes o servizo de préstamo de paraugas.
Soliciten información ao persoal do aparcadoiro.
Outros servizos
- Aparcadoiro gratuíto, durante 30 minutos, para os pais dos alumnos dos colexios Compañía de María, Doña Enma, San Francisco Javier para deixar e recoller aos nenos.
- Cobertura de móbiles de todas as compañías.