A conexión co casco urbano e coa estación de tren realízase a través da pasarela transversal elevada, que conecta os edificios e facilita a circulación dos pasaxeiros, e que tamén se abrirá o vindeiro sábado 22.
O edificio organízase en dúas plantas superpostas, na inferior sitúanse a área de dársenas y os viarios de circulación e manobra de vehículos; na superior, o edificio acolle os servizos necesarios para atender os viaxeiros.
A estación conta con 2.795,76m2 de superficie útil e 8.870,81m2 de superficie construída cunha ocupación de 5.334,94m2.
Ten un total de 25 dársenas, distribuídas en 19 para transporte interurbano e 6 para o transporte metropolitano, para acoller as expedicións de 221 chegadas e 224 saídas, de luns a venres laborables, das distintas empresas operadoras de transporte.
Na planta principal a estación conta con vestíbulo, área de venda de billetes, servizo de información, consignas e, proximamente, servizo de cafetería e cun quiosco.
Transporte urbano
No referente ao transporte urbano, para facilitar a conexión das estacións de autobuses e de tren co resto da cidade, así como para facilitar os movementos aos Campus, a partir do día da inauguración da estación (22 de maio), pararán na rúa do Hórreo e/ou na rúa de Santiago León de Caracas as seguintes liñas:
Co traslado da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago, SA (TUSSA) á nova estación, as oficinas do servizo da ORA, as oficinas están instaladas na planta principal da estación, a partir do 22 de maio, co seguinte horario de atención ao público: de luns a venres laborables, de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.30 horas