O vindeiro luns 6 de febreiro poranse en marcha unha serie de cambios na rede de transporte urbano.

Novas de Tussa
O concelleiro de Mobilidade, Albino Vázquez, presentou no día de hoxe os cambios que se van poñer en marcha a partir do luns 6 de febreiro na rede de transporte urbano.

Poden consultar as modificacións más salientables no documento que se achega. 

Nos próximos días poranse a disposición dos usuarios uns folletos informativos con toda a información actualizada. Estes folletos terán un novo formato no que ademais da información cos horarios se inclúe un plano con todas as liñas (achégase pdf para consultar). 

Como ven sendo habitual, estes folletos repartiranse nos propios autobuses, nas oficinas de TUSSA (estación de autobuses), na oficina de Atención ao Cidadán e na casa das Asociacións en Cornes nos vindeiros días. 

Para reforzar a información nos barrios afectados por cambios substanciais, nos próximos días vaise facer un buzoneo coa información concreta do barrio.

Esta información completarase coa renovación da información nas marquesiñas que comezará a colocarse na fin de semana. Ao igual que ocorre cos folletos, a información das marquesiñas tamén inclúe novidades. Ademais da información de todas as liñas, aparecerá un plano global das liñas e a sinalización de “vostede está aquí”.
 

Ademais, nas marquesiñas incorporarase un identificador de liñas  e un identificador de parada. 

Por último, lembramos que está a disposición dos usuarios o teléfono 901 120 054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, teléfono no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada.

ESTACIÓN DE BUS

ESTACIÓN DE AUTOBUSES
981 542 416

TRANSPORTE URBANO

TRANSPORTE URBANO
901 120 054

ORA

SERVICIO ORA Y RESIDENTES
981 568 106

Parking

APARCAMIENTOS
981 583 447

Depósito

DEPÓSITO
981 582 220